Feijóo evita a foto con Baltar e non visitará Ourense en campaña

Estará en Lugo, Pontevedra e Ferrol o venres.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/05/2023 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, proseguirá esta semana a súa axenda de campaña que lle levará a visitar 17 localidades e 10 comunidades autónomas. Esta finalizará en Valencia o domingo cun mitin na praza de touros desta cidade, no que o partido prevé reunir a máis de 10.000 persoas, segundo informou a formación.

Antes, visitará Galicia onde conservu o mandato da Xunta durante 13 anos. A súa axenda inclúe actos en tres das catro provincias e prevé visitar Lugo, Pontevedra e Ferrol o venres que vén.

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Europa Press

A única provincia galega que quedará fóra da axenda dos populares é a de Ourense, co que, salvo sorpresa, non haberá foto co líder provincial e presidente da Deputación, Manuel Baltar, envolvido na polémica e nun procedemento xudicial tras ser 'cazado' a 215 quilómetros por hora ao volante dun coche da institución provincial que dirixe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta