Denuncian servizos mínimos do 100% na folga de helicópteros do fondo británico Babcok

A folga está convocada polo persoal de helicópteros antincendios e salvamento que traballan para a Xunta e que se prolonga durante o verán.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2023 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

Persoal de mantemento de seis helicópteros que proporcionan servizos aéreos de emerxencias en Galicia (douss de salvamento marítimo, dous de gardacostas e outros dous contra incendios forestais) está chamado a varias xornadas de folga durante os meses de verán tras as convocadas desde o pasado marzo.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) deste luns publica senllas comunicacións da Consellería de Medio Rural e Consellería do Mar na que se fixa a necesidade de persoal habitual nos seus postos ante esta convocatoria en toda España polo comité de empresa de Avincis, que é como se chama agora Babcock (antiga Inaer) tras ser comprada polo fondo británico Ancala Partners.

Os traballadores demandan á empresa unha mellora nos salarios, así como avances na negociación do convenio, aínda que critican que teñan uns servizos mínimos do 100%. Así, convócanse varias xornadas de folga nos meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro. Avincis Aviation Technics é a maior operadora dos servizos aéreos de emerxencias en España.

De tal forma, na resolución da Consellería do Mar fíxanse servizos mínimos, tanto para a base de Vigo como a de Celeiro de Gardacostas, de dous pilotos por quenda para cada helicóptero, un operador de guindastre, un rescatador e un mecánico. Ademais, deberá garantirse na súa integridade a subministración asistencial para aeronaves, mantemento e reparación.

No tocante a Medio Rural, os servizos mínimos relativos ao helicóptero de coordinación pasan por un piloto, un mecánico e un técnico coordinador, así como un técnico analista. Igualmente, deberá preservarse o servizo de mantemento habitual nos talleres centrais da compañía.

Imaxe dunha das protestas de persoal de helicópteros de Avincis, agora propiedade de Babcok / COMITÉ / Europa Press
Imaxe dunha das protestas de persoal de helicópteros de Avincis, agora propiedade de Babcok / COMITÉ / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta