Adega pide diñeiro para loitar contra o parque eólico de Villar Mir en Vimianzo e Dumbría

Baixo o nome '#TiPodesParalos', esta campaña busca conseguir fondos para poder emprender accións xurídicas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2023 | Actualizada ás 16:14

Comparte esta noticia

A campaña de recadación solidaria da asociación ecoloxista Adega para frear proxectos eólicos sinala no seu segundo "desafío" ao que promove unha das empresas de Villar Mir en Vimianzo e Dumbría, no Monte da Croa, na Costa da Morte.

Baixo o nome '#TiPodesParalos', esta campaña busca conseguir fondos para poder emprender accións xurídicas contra iniciativas que autorizou a Xunta o pasado mes de xaneiro.

A xuízo do colectivo, estes proxectos son "produto dun modelo enerxético desordenado, insustentable e inxusto co pobo galego". Unha semana despois do lanzamento da campaña e do seu primeiro "reto", Adega propón este segundo: recadar o importe necesario para recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o proxecto Monte da Croa, que promove Villar Mir Enerxía SLU.

Así, pon a disposición pública desde este martes unha plataforma en liña --https://tipodesparalos.helpbysc.com/montedacroa-- e tamén ofrece a posibilidade de destinar as doazóns a un fondo común non adscrito a ningún proxecto eólico en particular.

Adega quere recorrer o proxecto de Villar Mir en Monte da Croa
Adega quere recorrer o proxecto de Villar Mir en Monte da Croa | Fonte: ADEGA - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta