Galicia sae ás rúas para denunciar a "pasividade institucional" ante o crime machista de Oia

70 mulleres foron asasinadas en Galicia desde 2010.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/06/2023 | Actualizada ás 21:32

Comparte esta noticia

Centos de persoas concentráronse nas principais cidades de Galicia para denunciar "a pasividade institucional" ante o último asasinato machista, rexistrado este fin de semana en Oia (Pontevedra). Neste caso, había denuncias e activouse un procedemento xudicial con orde de protección, que non incluía pulseira de localización, medida que non se decretou porque non se solicitou formalmente, segundo aclararon fontes xudiciais.

Unha das concentracións tivo lugar en fronte á Audiencia Provincial de Pontevedra, onde se deron cita máis dun centenar de persoas para repudiar este asasinato, xunto con algunhas autoridades como o alcalde en funcións, Miguel Anxo Fernández Lores, ou o portavoz do PP local, Rafa Domínguez.

Lugo. Concentración convocada pola Plataforma Feminista de Lugo en repulsa polo asasinato a mans da súa expareja de Ana Vanessa Serén Penas.. CARLOS CASTRO/ EUROPA PRESS / Europa Press
Lugo. Concentración convocada pola Plataforma Feminista de Lugo en repulsa polo asasinato a mans da súa expareja de Ana Vanessa Serén Penas.. CARLOS CASTRO/ EUROPA PRESS / Europa Press

Organizada pola Marcha Mundial das Mulleres, tamén en Lugo, de onde era orixinaria, deuse lectura a un manifesto, no caso de Pontevedra a cargo de Iria Rei, membro de Galiza Nova, no que se rezaba: "Non queremos minutos de silencio nin loito, queremos xustiza". Ao recodar que co feminicio de Ana Vanessa Senén alcanzouse a cifra de 70 mulleres asasinadas en Galicia desde 2010, a Marcha Mundial dás Mulleres cualificou en "papel mollado os mecanismos, fórmulas e leis para protexer ás mulleres".

O manifesto tamén denunciou a "pasividade institucional que é cómplice da violencia machista". E durante a concentración, coreáronse lemas como "denuncia activada, muller asasinada" e "menos discursos e máis recursos" ou "querémonos libres, pero querémonos vivas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Non queremos minutos de Silencio ! As declaracións de Maica Larriba merecían o seu CESE FULMINANTE !