O BNG reivindícase como "o voto útil para Galicia" e defende o seu balance de lexislatura no Congreso

Rego carga contra PSOE e Unidas Podemos porque "non derrogasen a reforma laboral do PP", nin "a das pensións", nin "a lei mordaza".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2023 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, compareceu este venres en Ferrol para facer balance dos últimos case catro anos de presenza do Bloque na Cámara Baixa, para así reivindicarse como "o voto útil para Galicia" de cara ás eleccións xerais do próximo 23 de xullo.

Ao seu xuízo, o BNG "sempre actuou con coherencia", xa "que votou a favor daquelas propostas que eran positivas, que votou en contra das negativas" para Galicia, e "que tivo a posición de deixar pasar as medidas que non nos satisfacían, coa correspondente crítica mediante a abstención".

Ditas manifestacións realizouna Rego na mañá deste venres en Ferrol, nunha comparecencia co portavoz do Bloque nesta cidade, Iván Rivas, na que resumiu varias das iniciativas abordadas ao longo do últimos catro anos na Cámara Baixa.

Así, Rego detallou que xa en 2019 "o BNG comprometeuse a ser a voz dos intereses de Galicia, dos intereses de todos os galegos, a ser unha forza política que impulse políticas sociais de avanzada e a ser tamén un baluarte".

Tambén recalcou o papel da formación como "un muro de contención fronte á dereita e a extrema dereita", obxectivo que estima que "cumpriu" a cambio de "un acordo de investimentos, para dar solucións a problemas", para facilitar a investidura de Pedro Sánchez. Iso si, recoñeceu que "boa parte do mesmo non foi cumprido polo PSOE e Unidas Podemos".

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego,e o portavoz nacionalista en Ferrol, Iván Rivas.. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego,e o portavoz nacionalista en Ferrol, Iván Rivas.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta