Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2023 | Actualizada ás 20:06
Varios surfeiros rescataron a dous bañistas que se viron en apertos na praia das Furnas, no municipio coruñés de Porto do Son, sobre as 18,00 horas deste venres.
Segundo trasladou o 112 Galicia, foi un particular quen deu aviso á central de emerxencias. Así, mobilizou a Salvamento Marítimo, que puxo en alerta o helicóptero Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia e á Salvamar Regulus.
Por terra, solicitou a intervención da Garda Civil, dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porto do Son e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Desde o areal, os voluntarios de Protección Civil de Porto do Son confirmaron ao 112 que os dous bañistas foran rescatados polos surfeiros, sen necesidade de que recibisen asistencia médica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.