Case 700 alumnos de Bacharelato farán estancias lingüísticas no estranxeiro en agosto

Disporán de tres semanas en réxime residencial ou familiar en Reino Unido, Francia, Portugal, Canadá e Alemaña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2023 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

Un total de 639 alumnos de Bacharelato de Galicia --372 de 1º e os restantes de 2º-- realizarán estancias lingüísticas durante o mes de agosto co obxectivo de mellorar as súas competencias en inglés, francés, portugués e alemán.

A Xunta publicou este mércores a listaxe definitiva das persoas seleccionadas e as suplentes desta convocatoria de axudas. Así, os seleccionados disporán de tres semanas en réxime residencial ou familiar en Reino Unido, Francia, Portugal, Canadá e Alemaña en agosto.

Segundo informou o Executivo galego, os seleccionados deberán entregar a documentación correspondente seguindo as indicacións dadas na resolución. As prazas para 2º de Bacharelato son: 85 para Canadá, 145 para Reino Unido, 30 para Francia, 2 para Portugal e 5 para Alemaña. Pola súa banda, os de 1º teñen 190 para Reino Unido, 143 para Canadá, 30 para Francia, 4 para Portugal e 5 para Alemaña.

O programa inclúe unha axuda para as familias coa que fan fronte ao 87% e ao 50% do custo das estancias dos estudantes nos países, cun orzamento total que ascende a case 2 millóns de euros.

Con esa contía, a Xunta farase cargo de parte dos gastos de contratación dos monitores que acompañan a cada grupo, manutención e aloxamento, traslados para actividades, docencia e material escolar, actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos, seguros de accidentes e certificado de realización do curso.

estudantes erasmus - eleconomista.es
estudantes erasmus - eleconomista.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta