Ingresado na UCI un triatleta madrileño que se sentiu indisposto nunha competición nas Pontes

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2023 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

Un triatleta madrileño, de 30 anos, está ingresado na unidade de coidados intensivos (UCI) do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol onde chegou na mañá deste domingo ao sentirse indisposto mentres participaba na competición Northwest Triman das Pontes (A Coruña).

O incidente produciuse no lago desta localidade cando o competidor estaba disputado a proba de nado. O home perdeu o coñecemento e tivo que ser sacado da auga e reanimado na zona de praia deste enclave.

Nun primeiro momento foi atendido polos servizos sanitarios despregados na zona de competición pola organización, sendo evacuado logo por unha ambulancia que alí estaba. Posteriormente, xa de camiño facía Ferrol, o home foi trasladado a unha ambulancia medicalizada que o evacuou ao hospital ferrolán, onde foi atendido.

Segundo fontes consultas por Europa Press o estado do deportista é reservado e durante as próximas horas continuarán vixiado á espera da súa evolución.

Sanitarios nunha ambulancia trasladando pacientes con covid-19 dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando pacientes con covid-19 dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta