Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2023 | Actualizada ás 18:33
Os bombeiros comarcais en folga indefinida manifestarase polas rúas de Santiago o 13 de xullo, xoves, para reclamar unhas condicións laborais e un convenio "dignos". A protesta sairá ás 11,00 horas desa xornada desde o Parlamento de Galicia ata a Dirección Xeral de Emerxencias, no barrio de Fontiñas, onde terminará a protesta.
Os bombeiros comarcais comezaron o pasado 15 de xuño unha folga indefinida para reclamar que se cumpra unha sentenza do Tribunal Supremo do ano pasado para a conversión a persoal laboral fixo dos efectivos, á vez que demandan un convenio autonómico coas mesmas condicións para os traballadores, unido á mellora de medios e aumento de persoal.
Preto de 500 bombeiros comarcais de ao redor de 25 parques das catro provincias --con consorcios ao 50% de Xunta e deputacións-- están chamados a secundar unha folga indefinida autonómica que deixou varios parques pechados nos últimos días debido á negativa dos profesionais a realizar horas extra para evidenciar o persoal insuficiente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.