Actividades a esgalla para pasar o verán en Allariz

Música, actividades para público infantil, cinema e actividades deportivas son algunhas das apostas para este tempada de verán na vila do Arnoia.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 05/07/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Un ano máis, o Concello de Allariz aposta fortemente por un programa abondoso de actividades para todos os públicos que acheguen cultura e lecer á veciñanza e aos visitantes.

Presentación da programación de verán 2023. Foto: Comunicación Concello de Allariz.
Presentación da programación de verán 2023. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

Volverá, un ano máis, parte da programación de Abanea, Festival de danza e movemento, e tamén terán parada na vila as XXXVIII Xornadas do folclore que achegan culturas e artes de distintas partes do mundo.

Entre as novidades musicais desta edición podemos atopar as actuacións de grupos galegos como O Sonoro Maxín, Catuxa Salom, Monoulious Dop e A Banda da Loba entre outras moitas actividades.

A comedia estará presente da man de espectaculos para todos os públicos como Circo Chosco – Oh pera a principios de agosto. Por outra banda Nelson Quintero co espectáculo Pequeno Cabaret Infantil estará no mes de setembro.

Tamén se poderá gozar das Festas de San Bieito e da Empanada así como do Día da Patría, con actividades para todos os públicos.

MOITO MÁIS...

Exposicións, mercados, festas etnográficas, Arte de Man, o Festival RiR, a 2ª edición do Trail de Allariz así como as xa consolidadas Xornadas de Carne de Boi de Allariz completan o calendario de actividades de verán, que segundo explican os responsables municipais, "están pensadas para que os e as veciñas, así como a xente que nos visite durante esta tempada, gocen de Allariz".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta