Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2023 | Actualizada ás 19:44
A conselleira de Política Social, Fabiola García, atribuíu o atraso na aprobación do decreto que regulará a creación dun rexistro de familias monomarentales á lei estatal de familias, paralizada pola convocatoria de eleccións.
Preguntada pola deputada do PSdeG, Noa Díaz, sobre esta cuestión, a conselleira resaltou que este tipo de familias están recoñecidas a nivel autonómicas desde 2011 e que, tras a incorporación dos núcleos unifamiliares compostos por homes, existen un total de 2.800 en Galicia.
García dixo que nos últimos meses traballouse no desenvolvemento do decreto, que se atopa nestes momentos parado debido á "inseguridade xurídica" xerada pola falta dun marco lexislativo a nivel estatal que si estaba recollido na Lei de Familias que quedou en suspenso pola convocatoria de comicios para o 23 de xullo.
"Por prudencia decidimos esperar a ver que pasaba con esta normativa estatal antes de proseguir co decreto autonómico", aseverou a conselleira, á que a deputada socialista afeou a súa "falta de contacto" co colectivo de familias monomarentales. Segundo Díaz, estas "non saben saben nada do decreto nin do seu conselleira" desde hai meses, polo que urxiu á Xunta a dar pasos para a súa aprobación como así o establece a lei.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.