Carta de Critias a Terámenes (Extracto)

Xa preparan o próximo sorteo aínda que eles utilizan a expresión “sufraxio”. O último sorteo deixou os afeitos premios con poucas mudanzas e a refrega afeita.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 06/07/2023

Comparte esta noticia
Como todos os participantes coñecen que   o sorteo ten  unha capacidade limitada de repartición de oficios,  a rifa é polos números das bólas con premio asegurado ou con posibilidades.   Para participar no sorteo de cargos, soldos e responsabilidades públicas sen rendición de contas, só teñen que ter unha idade e pouco máis. Está prohibido esixir estudos,  formación, profesión, experiencia  ou calquera outro criterio sobre capacidade ou idoneidade para o debido a que sortean.  As bólas para elixir repártenas os xefes de cada un dos grupos entre os seus partidarios e as que teñen posto  asegurado adóitanllas quedar eles. Despois o público mete outras bolitas con números  tamén taxados en grandes recipientes e o postulante que teña máis número de bolitas acorde co seu número previo asignado,  queda co cargo. 
 
Os participantes novatos a cargos pasan probas internas na súa facción. Os que participan son maioría clases populares. Existe o costume de que os ricos, os nosos iguais,  non deben participar no sorteo, alegando que de participar, quítanlles o sustento a persoas das clases populares. Tamén usan con éxito a falacia de que os oligarcas pódense beneficiar do cargo, coma se os pobres fosen todos honrados e dilixentes; como ben supós estimado Terámenes,  nestas terras esta admitida con naturalidade a mentira. 
 
Os nosos iguais, respectando o costume das clases populares, non participan no sorteo de cargos.  Do mesmo xeito que nós,  eles son os que mandan e o  xefes das faccións son os seus criados.  A maioría do pobo asiste e participan do ritual. É como un día de festa, cáusalles tal ilusión a todos que é digno de observar. Chegado o día, a xente depositas as súas bólas que traen de casa cos números, cóntanas, e unhas bólas xa predicibles de antemán saen con cargos, e outras sen eles. 
 
 A remuneración dos cargos que sortean  anima aos participantes. Poucos expoñen  proxectos ou  ideas. E Nunca manifestan posicións contrarias os nosos iguais os oligarcas. Explicoume un oligarca que ás veces algún agraciado co cargo  ponse brabucón con eles,  e do mesmo xeito que facemos nós,  o pobretón brabucón  acaba expulsado, malparado e non volve na súa vida para participar do sorteo de cargos.  
 
Creo  estimado Terámenes, que debemos ter presente este sistema de repartición de cargos entre nosas as clases populares. Os nosos iguais aseguran que evitan revoltas e insurreccións nos inferiores.  Os expendios de todo o proceso e das prebendas saen do erario público que se recada entra as mesmas clases populares. O método é moi enxeñoso e merece ser estudado para implantar nos nosos dominios.  
 
Esquecíaseme comentarche outro prodixio: cando se convoca o sorteo  algúns participantes dedícanse en exclusiva a insultar, descualificar con todo tipo de mentiras e artimañas aos adversarios. E o que é aínda máis sorprendente e positivo, o pobo aprecia esas ultraxes! A maior desenvoltura do fantoche mentireiro, a maior falsidade e insulto,   máis  oportunidades teñen para saír elixido no sorteo do cargo.  Se non o vise cos meus ollos estimado Tirámenes non mo creu. 
 
Asistín a un espectáculo que fan chamar  “disputa entre postulantes a tarefas pública”, que no próximo despacho detallareicho  . Insisto estimado amigo Terámenes  que os costumes destas terras son extremadamente aproveitables á nosa causa.  

Urna cunha chea de papeletas de votación
Urna cunha chea de papeletas de votación | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA