(Vídeo) Así foi o primeiro gran debate entre os candidatos galegos ás eleccións do 23X

Participaron candidatos de PP, PSOE, BNG, Sumar e Vox.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/07/2023 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Moitas propostas e pouca tensión no debate electoral organizado polo Centro Internacional de Prensa de Galicia este martes 11 de xullo cos cabezas de lista de Galicia dos cinco principais partidos que se presentan a estas Eleccións Xerais de 2023. Entre eles, Néstor Rego, número 1 polo BNG na provincia da Coruña; David Regades, cabeza de lista polo PSdeG-PSOE na Pontevedra; Francisco Conde, número 1 polo PPdeG na provincia de Lugo; Marta Lois, número 1 por Sumar na Coruña, e Juan Garcilaso de la Vega, cabeza de lista de Vox en Galicia.

Candidatos de Galicia nun debate electoral do 23X
Candidatos de Galicia nun debate electoral do 23X

No debate, presentado por Pastor Lorenzo, director do CiPG, e moderado por Luís Menéndez, presidente da APSC, os distintos dirixentes políticos adicaronse a enumerar as súas propostas en diferentes áreas evitando a confrontación.

Francisco Conde (PPdeG) iniciou a súa primeira intervención comprometéndose a “atender prioritariamente os temas que melloren a calidade de vida dos galegos”. O candidato socialista, David Regades (PSOE), pola súa parte, presentou unha disxuntiva: “escoller entre PSOE, que non deixa ninguén atrás e o PP da austeridade e os recortes”.

Marta Lois (Sumar) afirmou que o seu partido “ven para quedar e ser chave na constitución do goberno do Estado”. Para Néstor Rego (BNG) non se trata de “escoller entre Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo, senón escoller a forza galega que serva de muro de contención da extrema dereita”. Pola súa parte, Juan Garcilaso de la Vega (Vox), declarou que “o único voto útil é votar a Vox, porque cun Vox forte pódese derogar o ‘sanchismo’”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta