Medio centenar de estudantes de países como Bélxica e a India participaron nos cursos 'Galego sen fronteiras' da RAG e USC

Este luns recibiron os seus diplomas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2023 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

Medio centenar de estudantes participaron nos cursos 'Galego sen fronteiras', un programa organizado pola Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O mesmo terminou este luns coa entrega de diplomas ao case medio centenar de estudantes procedentes dunha vintena de países de Europa, América e Asia.

Entre eles, estivo un mozo procedente de Cracovia, que empezou a estudar galego fascinado polas cantigas medievais que coñeceu na súa universidade, así como mozas de Países Baixos ou da India.

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o reitor da USC, Antonio López; o director do programa, o académico Henrique Monteagudo; a directora do ILG, Elisa Fernández Rei; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e a profesora Ana Fachal foron os encargados de entregarlles os seus diplomas.

Entrega de diplomas dos cursos 'Galego sen fronteiras'. RAG
Entrega de diplomas dos cursos 'Galego sen fronteiras'. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta