Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2023 | Actualizada ás 11:23
A Consellería do Mar abre este martes o prazo de axudas á frota pesqueira pola subida de combustibles, unha medida á que destina máis de 3,6 millóns co obxectivo de "contribuír a compensar" ao sector polo impacto nos prezos dos combustibles debido á guerra de Ucraína. Así se recolle na convocatoria destas achegas publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), que permitirá compensar o custo adicional no que incorreron os buques pesqueiros polo encarecemento dos carburantes durante o segundo semestre de 2022.
Poderán beneficiarse de estes apoios, cofinanciados co Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), as persoas armadoras de embarcacións que teñan o seu porto base en Galicia, a licenza en vigor e estean de alta na terceira lista do rexistro xeral de frota pesqueira e no rexistro de buques pesqueiros da comunidade autónoma de Galicia.
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes contado a partir deste martes e deberán presentarse por medios telemáticos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. "Se as que cumpren os requisitos chegasen a superar o importe destinado a esta convocatoria, axustaranse as contías e realizarase unha repartición proporcional distribuíndo o crédito da orde en grupos segundo o tipo de arte de pesca e a zona onde operan as potenciais embarcacións beneficiarias".
"Neste caso, para os buques de arrastre de caladoiro nacional, comunitario e internacional reserva máis de 1,1 millóns de euros, aos buques de cerco en caladoiro nacional 385.000 euros, para os de artes menores máis de 1,5 millóns de euros e ao resto de buques diríxense 540.000 euros", explica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.