Campaña de promoción do consumo de indicación xeográfica protexida 'Patacas de Galicia'

A Xunta promove unha campaña de promoción do consumo da indicación xeográfica protexida 'Pataca de Galicia', cun investimento de 300.000 euros. Trátase dunha iniciativa que se porá en marcha en próximas datas, tras a recollida do produto.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/09/2023 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

A Xunta promove unha campaña de promoción do consumo da indicación xeográfica protexida 'Pataca de Galicia', cun investimento de 300.000 euros. Trátase dunha iniciativa que se porá en marcha en próximas datas, tras a recollida do produto.

Así o anunciou hoxe o conselleiro de Medio Rural, José González, na inauguración da 4ª Feira Agraria da Limia Alimagro 2023, onde estivo acompañado polo director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luís Cabarcos.

Na súa intervención, o conselleiro puxo en valor a produción certificada con esta indicación xeográfica que, lembrou, supera anualmente os 6,2 millóns de quilos, cun valor económico estimado de máis de tres millóns de euros e case 700 hectáreas de superficie plantada.

Lembrou tamén que están amparados ata 90 produtores e 12 almacenistas. Nesta liña, José González remarcou, ademais, o peso específico da pataca na dieta da poboación e o feito de que a gastronomía tradicional de Galicia non se entenda sen este producto.

Cuarta Feira Agraria da Limia con presenza do conselleiro de Medio Rural, José González
Cuarta Feira Agraria da Limia con presenza do conselleiro de Medio Rural, José González | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta