A UVigo inicia o curso co 100% de prazas de grao de novo ingreso ocupadas
O curso vén marcado pola posta en marcha, no campus de Pontevedra, do grao de Deseño, unha titulación que "espertou moito interese", xa que na preinscrición había 61 solicitudes de primeira opción para 45 prazas. Finalmente foron seleccionados 52 alumnos.
Por Europa Press / Redacción | VIGO | 11/09/2023 | Actualizada ás 18:42