Comeza a construción dos apartamentos e da residencia de maiores en Pontevedra: 150 prazas con ximnasio, restaurante e salas multimedia

Pontevedra acolleu este mércores, 13 de setembro, o acto de colocación da primeira pedra da residencia de maiores e os apartamentos Senior Living de Ilunion na cidade de Pontevedra. Concretamente, está situado nos terreos da antiga fábrica de Tafisa, entre as rúas José Malvar e Vasquida García.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 13/09/2023 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

Pontevedra acolleu este mércores, 13 de setembro, o acto de colocación da primeira pedra da residencia de maiores e os apartamentos Senior Living de Ilunion na cidade de Pontevedra. Concretamente, está situado nos terreos da antiga fábrica de Tafisa, entre as rúas José Malvar e Vasquida García.

Este acto simbólico contou coa participación do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; a concelleira de Benestar Social, Anabel Gulías; a directora executiva de Ilunion VidaSénior, Paola do Río; o director de Ilunion VidaSénior, Cristóbal Cuevas; o delegado do ONCE, Manuel Martínez Pan; e o Yield Manager de Thor Private Equity Spain, Miguel Ángel Pascual; xunto con outros membros da corporación municipal.

Este proxecto de construción creará dúas áreas diferenciadas: por unha banda 24 apartamentos "Senior Living" e, por outra, unha residencia. Un "modelo híbrido" que responde á necesidade de "cubrir con flexibilidade todas as etapas do plan de vida das persoas maiores", tal e como se lembrou durante a intervención. Os responsables deste proxecto falan dun "novo estilo de convivencia" para as persoas que alí residan, co obxectivo de "preservar a súa autonomía en todo momento" e sen esquecer aspectos tan importantes como a accesibilidade e o benestar.

ESPAZOS COMÚNS

O edificio contará con espazos comúns como salas de lecer e multimedia, restaurante, ximnasio, entre outros, segundo explicaron desde a empresa responsable do proxecto. A residencia terá un total de 150 prazas, repartidas en diferentes unidades de convivencia, nas que as persoas usuarias serán atendidas baixo un "modelo de atención integral centrado na persoa".

O novo equipamento para maiores será desenvolvido por Thor Private Equity Spain ao longo dos próximos dous anos. A súa construción traerá consigo a creación de cen postos de traballo na cidade, nos que se priorizará a incorporación de persoas con discapacidade ou en situación de vulnerabilidade.

O alcalde dixo que estaba "como un neno con zapatos novos", pois este proxecto que, xunto co desenvolvemento de toda a unidade urbanística de Tafisa, foi realizado ao longo dos anos e "completa en gran medida a cidade, transformando este lugar nun sitio fabuloso e especial, á beira do que chamamos o noso Central Park, como é a Illa das Esculturas".

Lores incidiu en que están "a construír unha cidade entre todos e todas para as persoas" e destacou que "ca ONCE garda unha relación impecable, que esperamos siga sendo así no futuro, sacando proxectos adiante deste tipo que fagan unha cidade mellor". "Estamos orgullosos do que temos feito, pero sabemos que queda moito por facer", sinalou.

Pola súa banda, Cristóbal Cuevas, director de Ilunion VidaSénior, manifestou que na empresa están "moi ilusionados con que a posta en marcha do primeiro Ilunion Senior Living sexa xa unha realidade". Tamén recalcou que traballan sempre "co claro obxectivo de mellorar a vida das persoas maiores e dependentes", e que o fan "adaptándonos ás novas realidades que demanda a sociedade", e esta iniciativa "é un claro exemplo de cara a onde imos".

Persoas maiores usando un dispositivo móbil
Persoas maiores usando un dispositivo móbil | Fonte: Anovo - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta