Por E.P. | | 22/09/2023 | Actualizada ás 11:07
A empresa M Blanco, auxiliar do estaleiro Navantia Ferrol, asinou un documento no que se compromete a pagar xa nas nóminas deste mes de setembro segundo o convenio colectivo do sector da industria siderometalúrgica da provincia da Coruña.
Trátase dunha das compañías a cuxos operarios se lles impediu o mércores acceder a este recinto industrial, por non aplicar a compañía o convenio do metal e as súas cláusulas económicas no referente ao sector naval na ría de Ferrol.
Así o trasladaron a Europa Press fontes sindicais, que tamén detallaron que "ante as presións que están a facer algunhas empresas, está previsto que este fin de semana se sitúen piquetes nas portas".
E é que M Blanco xa remitiu o pasado mércores "á comisión de auxiliares un documento asinado onde se compromete xa na nómina deste mes a aplicar o convenio a machada e situarse por aceiros, tal e como lle correspondía".
Por iso, as mesmas fontes precisan que "a esta empresa non se lle vai a parar nas portas", aínda que hai outras compañías "que están a presionar aos seus traballadores" e que por iso, segundo fontes sindicais, "posiblemente teñan piquetes nos accesos ás factorías da ría".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.