O BNG esixe ao Goberno que se use a toponimia oficial no foro da Toxa, mal chamado 'Foro La Toja'

O Executivo estatal e todas as entidades "deben respectar as formas toponímicas lexítimas, correctas e únicas con carácter oficial sempre e en todo lugar", defende o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2023 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrará iniciativas no Congreso para esixir ao Goberno central que non permita "a deturpación" do topónimo da Toxa nunha nova edición do foro que se celebra cada ano nesta illa galega situada no municipio do Grove, denominado 'Foro La Toja'.

"É un evento organizado por empresas privadas, pero tamén está sufragado con diñeiro público. O Executivo non pode permitir esta ilegalidade e non debe participar nela", reproba nun comunicado. Neste sentido, o deputado nacionalista lembra que o Executivo estatal e todas as entidades "deben respectar as formas toponímicas lexítimas, correctas e únicas con carácter oficial sempre e en todo lugar".

Respecto diso, remarca que a Administración pública debe velar por corrixir as vulneracións da toponimia galega e respecto da actual lexislación, a través do artigo 10 da Lei 3/1983 de normalización lingüística do Parlamento de Galicia, que establece aos topónimos galegos como única forma oficial.

Néstor Rego, duputado do BNG, facendo declaracións
Néstor Rego, duputado do BNG, facendo declaracións | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta