Buscan unha muller desaparecida en Ribeira desde o venres

Foi o seu fillo o que acudiu este luns á Policía para interpor unha denuncia pola súa desaparición.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2023 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia


A asociación SOS Desaparecidos emitiu unha alerta para tratar de dar co paradoiro dunha muller de 49 anos desaparecida desde o pasado venres do seu domicilio nos Areeiros, na localidade coruñesa de Ribeira.

Segundo a información proporcionada, a desaparecida é Sonia Martínez Domínguez, unha muller de 49 anos e complexión delgada, con pelo e ollos castaños.

Foi o seu fillo o que acudiu este luns á Policía para interpor unha denuncia pola súa desaparición. Efectivos policiais realizan tamén xestións para tratar de localizala.

O mozo tamén iniciou unha campaña a través das redes sociais para saber se alguén puido ver á súa nai. A última vez que el tivo contacto con ela foi o pasado xoves, cando a desaparecida marchou coa súa parella. No entanto, o mozo apunta a que puido ser vista o venres en Santiago de Compostela.

Muller desaparecida en Touro. SOS DESAPARECIDOS
Muller desaparecida en Touro. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta