Rematado o acceso ao parque empresarial de Beariz desde a OU-212

Actuouse ao longo duns 250 metros na estrada OU-212 pola marxe esquerda da vía, executando unha intersección que permite todos os movementos, especialmente os de vehículos pesados.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/10/2023 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta concluíu as obras para dotar de acceso ao parque empresarial de Beariz desde a estrada OU-212, nas que se investiron 445.000 euros. A actuación é resultado dun estudo, no que se analizaron seis posibles alternativas, tendo en conto a xeometría da estrada, a funcionalidade e a seguridade viaria. A solución concreta está recollida no Plan Especial de Creación de Chan Industrial do Concello de Beariz, e desenvolveuse segundo o previsto no informe de sustentabilidade do devandito plan.

Así, actuouse ao longo duns 250 metros na estrada OU-212 pola marxe esquerda da vía, executando unha intersección que permite todos os movementos, especialmente os de vehículos pesados. Tamén se habilitaron cuñas de aceleración e desaceleración de 30 metros de lonxitude para facilitar a incorporación á vía e a saída cara ao polígono en condicións de seguridade.

O trazado onde se realizou a nova conexión conta cunha recta de 400 metros, onde hai unha estrutura, no seu punto medio, que permite o paso sobre un regacho. Así mesmo, instaláronse canalizacións de servizos baixo a berma que serve de protección contra os desprendementos, en previsión de dar continuidade no futuro ao sistema de iluminación do parque empresarial.

Obras de acceso ao polígono empresarial de Beariz, desde a estrada OU-212
Obras de acceso ao polígono empresarial de Beariz, desde a estrada OU-212 | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta