Se tivera que describir
este día, tería que facelo de maneira
pausada e con moita lentitude
xa que abonda coa esperanza de non ter nada que contar, conformo con ter algunha forza para loitar pola supervivencia.
Por Fermín Paz | As Pontes | 13/10/2023
Comparte esta noticia
Imaxino unha musica de acordeón
melódica, romántica e case imperceptible
enchendo todo este teatro da vida.
Lembranzas que me levan até aquel cine francés con tremoia parisina ou marsellesa de noites tabernarias, que agora escoito no silencio.
Non sei se teño que agradecer estas sensacións fermosas ao Outono entrante ou As Pontes permanente, pero por si acaso erro, non farei ningunha escolla, conformarei co gozo da música imaxinada e da calma invasora.
Non vexo señores bigotudos, con boina e tocando cancións sobre dás pontes de París, sobre as escaleiras de Montmartre ou nos estrondosos vagóns do metro. So estou a escoitar unha canción nesta mudez programada pola rapina na Nosa Terra. O inverno axiña chegará, o demais depende de nós, si, de tod@s nós.
Imaxe das follas caídas no outono no paseo do Anallóns, en Carballo
| Fonte: EP
A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.
Imaxe das follas caídas no outono no paseo do Anallóns, en Carballo
| Fonte: EP