Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2023 | Actualizada ás 19:14
A deputada socialista no Parlamento galego Noa Díaz asegurou que as contas da Xunta para 2024 "repiten practicamente as contas de exercicios pasados pero, nesta ocasión, con menor orzamento". "Na comarca de Santiago parecemos vivir un déjà vu", afirma Díaz, que lembra que o Goberno do PP "leva anos sen executar o que non paran de comprometer e comprometer".
A socialista destaca que os investimentos prometidos "sen dúbida mellorarían moitísimo a vida dos veciños da comarca de Santiago, pero non acaban de chegar, nun exercicio perverso deste Goberno". "Prometen en épocas electorais, pero despois non cumpren", engadiu. Para Díaz, a Xunta "nin tan sequera cumpre as súas promesas cando se trata de obras nas súas propias infraestruturas, que é o único no que avanzan para o Concello de Santiago".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.