Esquerda Unida aposta por unha coalición con Podemos e Sumar para concorrer xuntas ás eleccións galegas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2023 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

Esquerda Unida (EU) reuniu este sábado ao seu máximo órgano de dirección, que aposta por conformar con "axilidade" unha coalición con Podemos e Sumar para concorrer conxuntamente ás eleccións galegas que se celebrarán en 2024. A través dun comunicado, a coordinadora nacional de EU, Eva Solla, manifesta que, tras 14 anos do PPdeG na Xunta sen que se atendesen aos problemas "centrais" de Galicia, é necesaria unha "proposta política firme" na que "as forzas da esquerda poidan chegar a acordos para formalizar unha coalición", igual que o fixeron nas pasadas xerais.

Iso si, Esquerda Unida cre que este acordo debe pasar por "un idóneo recoñecemento das partes" e por que o espazo político teña un "traballo democrático". A Coordinadora Nacional, máximo órgano de EU, pronunciouse este sábado a favor de axilizar unha coalición electoral con Podemos e Sumar, aínda que o comunicado non menciona explicitamente outros partidos que no pasado formaron parte do espazo da esquerda rupturista, como Anova.

Eva Solla lamenta a inflación de bens básicos en Galicia situásese "en máis do 10 por cento" en 2022, así como que os galegos teñan "cada vez máis dificultades para facer fronte a gastos básicos" como acceder a unha vivenda. "Mentres, a Administración autonómica segue sen exercer as súas competencias en materia de vivenda, emprego, industria e un longo etcétera. E paralelamente o Goberno decide manter unha rebaixa fiscal coa que leva quince anos impedindo que se invista máis en sanidade ou atención ás persoas dependentes", engade.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, en rolda de prensa
A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, en rolda de prensa | Fonte: ESQUERDA UNIDA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A esta quedoulle a boca dóce cos 96.000 € que empetou durante os 4 anos cando empregaron a Villares para abanicarse na Mesa do Parlamento de Galicia ! Outro que busca remuneración será Rubén Pérez agora que non pode seguir cobrando do Concello de Vigo ! Teñen un morro total pedindo "un idóneo recoñecemento das partes" ¿De que partes falan?