Aumenta o prezo da vivenda un 11% en Galicia e as compravendas caen case un 10% en setembro

Por outra parte, a concesión de préstamos hipotecarios un 20,5%

Por E.P. | Santiago | 07/11/2023 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

O prezo da vivenda en Galicia incrementouse un 11% en taxa interanual -- setembro deste ano en relación co do ano pasado--, o que supuxo o maior aumento de todas as comunidades autónomas, segundo un informe do Colexio de Notarios.

Mentres, as compravendas caeron un 9,8% e a concesión de préstamos hipotecarios un 20,5%. No conxunto de España as compravendas reducíronse un 14,9% interanual, e os préstamos, un 22,6% por cento.

Segundo os datos do Centro de Información Estatística do Notariado (CEN), en setembro efectuáronse na comunidade autónoma 2.057 compravendas. Segundo o tipo de vivenda, 1.511 delas foron pisos (un 3,3% menos que o ano anterior), e 546, unifamiliares, un 24% menos que un ano antes.

A compravenda de vivenda só creceu en dúas comunidades autónomas: Castela-A Mancha (8,4%) e Cantabria (6,3%). Entre as 15 que rexistraron caídas, está Galicia (-9,8%). O prezo aumentou tamén na comunidade autónoma galega, un 11,2 por cento.

Por outra banda, en setembro, os préstamos hipotecarios para adquisición de vivenda decreceron en 16 das 17 as comunidades autónomas, cun descenso medio nacional do 22,6%. En Galicia, a caída na concesión de hipotecas foi do 20,5% respecto ao mesmo mes de 2022.

Realizáronse 714 operacións, por unha contía media de 112.216 euros (un 4,5% menos que no mesmo mes do ano anterior), o que indica que só un 34,7% das compras de vivendas financiouse mediante hipoteca, fronte a unha media estatal do 41,7%.

Ademais, nestas compras con financiamento, a contía do préstamo supuxo na comunidade autónoma unha media do 72,3% do prezo total do inmoble, fronte ao 70,5% de media no conxunto de España.

CONSTITUCIÓN DE SOCIEDADES

Os datos do Centro de Información Estatística do Notariado tamén revelan que en setembro de 2023 constituíronse 339 sociedades en Galicia, o que supón un aumento interanual do 18,9%, moi superior ao 3,1% interanual de media.

A creación de novas sociedades aumentou en 11 autonomías, destacando as alzas en Cantabria (27,0%), Castela e León (21,9%) e Estremadura (21,6%). En cambio, diminuíu nas outras seis, de forma máis acusada na Rioxa (-51,6%), Navarra (-42,5%) e o País Vasco (-22,2%).

Arquivo - Vivenda rural. ANA VARELA / XUNTA - Arquivo / Europa Press
Arquivo - Vivenda rural. ANA VARELA / XUNTA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta