Carta de Critias a Terámenes (VI). Saqueo dos oligarcas

O Máximo Maxistrado renova mandato. Tras o sorteo de cargos, as oligarquías económicas mercadearon unha nova repartición dos negocios públicos e privados cun novo saqueo do erario público. O afeito nesta Republica. Pero nesta ocasión parte da poboación sente desposuída da dignidade, xa que ao saqueo económico habitual, tamén acordaron a amnistía para un grupo de revoltosos que cometeron delitos en interese e beneficio exclusivo da facción oligárquica máis rica da Republica. O pobo está afeito a que lle rouben, mais non a esas dispensas xurídicas.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 17/11/2023

Comparte esta noticia
Hai manifestacións e  enfrontamentos coa  garda da orde pública. A orde dada ao Máximo Maxistrado de amnistiar  a un grupo de persoas é considerada unha afronta ao  Estado de Dereito e unha vantaxe nas pretensións da oligarquía máis poderosa da Republica para  crear o seu propio estado. E é que a  oligarquía máis poderosa da Republica leva dirixindo á súa antollo este estado desde  hai 150 anos ininterrompidos; eles crearon  fame e miseria durante xeracións, e implantaron todas as ditaduras que existiron. Pero  o pobo é moi olvidadizo  e está  moi confuso; un exemplo é que o xefe político da facción vencedora está protexido, apoiado e gornecido nunha capital estranxeira  polas potencias da contorna e ninguén repara niso. 
 
Os pactos lucrativos entre as oligarquías, ben coñeces  amigo Terámenes,   non son aireados ao pobo. Só unha  parte transcendeu, a máis insignificante, creando moita alegría, alboroto dicharachero, festas e ilusións  nunhas faccións  da poboación, e indiferenza  e gran malestar na parte restante do pobo.
 
Durante décadas as oligarquías urdieron un plan consistente en difundir e implantar o Escepticismo e Presentismo  Filosófico. Hoxe gran parte dos cidadáns aceptan a imposibilidade de lograr a  Verdade Obxectiva. Moitos cidadáns aceptan que todo é opinable, discutible, como o ben e o mal, o xusto ou o inxusto, o belo e feo, ou o ben público e ben común.  Por iso, isto é o incrible amigo Terámenes, todo queda ao dispor da  libre vontade dos oligarcas, que ao non estar sometidos a ningún mandato imperativo  fan e desfán  á súa libre vontade e interese económico. Ao sorteo de cargos entre a súa clientela, o seu actual simonía e nepotismo    chámano “xogo democrático”. 
 
Os oligarcas destas terras están moi satisfeitos da educación imposta ao pobo; conseguiron lear os bártulos pasando do  concepto  Ben Común ao  Interese Xeral, concepto  bancario de subtracción e acumulación  de capital. E ao interese xeral co seu simonía e nepotismo   chámano como antes indiqueiche “xogo democrático”. Esta é a   transustanciación que realizan as oligarquías. 
 
Os cidadáns prexudicados pola imparable mobilidade social decrecente ao aceptar o Escepticismo e Presentismo Filosófico non son capaces de entender os motivos do seu crecente empobrecemento e aceptan voluntariamente a servidume. 
 
Os oligarcas teñen un exército de demagogos  que realizan  un excelente labor excitando as mentes dos cidadáns. Moi poucos demagogos perciben diñeiro, a maioría faio por crenza. Aventureiros e aduladores, lograron implantar  a fantasía de que o pasado e o futuro nada representaba, decidíase atendendo aos intereses presentes da oligarquía, e ao non existir valor algún, ao ser todo discutible, todo era cambiable e mudable. Inxenuamente o pobo asumiu que todo iso era “Progreso”.  A dilixencia, caridade, xenerosidade e humildade foron expulsadas pola preguiza, a envexa, a avaricia e a soberbia. 
 
 Hoxe unha parte do pobo asiste á consecuencia lóxica do 

Foro La Toja, na illa da Toxa
Foro La Toja, na illa da Toxa
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA