Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/11/2023 | Actualizada ás 12:57
O banco galego Abanca triplicou o volume de negocio da súa unidade de banca privada desde que decidise relanzala en 2019, segundo explicou a propia entidade financeira este luns nun comunicado.
Entre 2019 e 2023, Abanca Privada, como se chama a unidade especializada do banco neste tipo de clientes, multiplicou os seus activos baixo xestión en 2,8 veces, mentres que o número de clientes multiplicouse por 3,1.
"Estamos a crecer en equipo e capacidades comerciais, e demos un salto importante en número de clientes e negocio. O noso obxectivo debe ser situarnos como entidade de referencia en banca privada", indicou o conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas.
Desde 2019, un total de 47 banqueiros privados uníronse á entidade, que xa conta cun equipo de máis de 100 persoas. Así mesmo, reforzouse a súa rede comercial ata chegar a 22 oficinas con servizo de banca privada en varias partes de España.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.