Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/11/2023 | Actualizada ás 15:38
As compras online seguen en aumento e con elas os ciberdelitos con ataques informáticos a diario a empresas e particulares. No Black Friday (“Venres negro”), que se celebra este
ano o venres, 24 de novembro, e o seu complemento cibernético, o “Ciberluns”, que ten
lugar o luns 27 de novembro, coñecido internacionalmente como Cyber Monday e
dedicado ás compras por internet, as ciberestafas incrementaranse se cabe aínda máis
ao aumentar o consumo como anticipo da campaña do Nadal.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) explica que o comercio electrónico é un sistema de compravenda de produtos e servizos que está cada vez máis de moda e suma adeptos día tras día. Segundo os últimos datos, España foi o segundo país do mundo onde máis creceron as vendas por Internet en 2023. “A cidadanía debe ter moita precaución con ofertas demasiado atractivas, especialmente con campañas de phishing e enxeñaría social a través de SMS, WhatsApp e correo electrónico. Ultimamente creceron moitísimo as ciberestafas e nestas semanas é un momento propicio xa que os sistemas de paquetería van a estar á orde do día", manifesta o presidente do CPEIG, Fernando Suárez e di que hai que desconfiar de mensaxes "que non sexan lóxicas, ou mesmo daquelas que parecen lóxicas, pensando dúas veces antes de facer calquera acción como pinchar nun enlace".
Para protexerse contra un ataque de phishing, en lugar de facer clic no enlace do correo
electrónico, o CPEIG explica que o consumidor debe ir directamente ao sitio web da
marca real e iniciar sesión aí. “O phishing é o punto de partida do 90 % de ciberataques
que se producen actualmente” –engade Suárez–. O Colexio sinala que outra ameaza moi activa nestes días intensos de compras online é o smishing, unha mestura entre phishing e SMS no que se recibe unha mensaxe de texto simulando unha entidade de confianza. No caso do Black Friday, Fernando Suárez explica que poderían ser mensaxes de empresas de transporte que piden que se faga unha acción (chamar a un número, clicar nun enlace ou facer un micropago) para conseguir os datos persoais.
Entre os consellos de ciberseguridade que aporta o CPEIG están ter coidado cos sitios webs falsos (comprobar a dirección do sitio); utilizar só sitios seguro. Hai que buscar o símbolo dun candado na barra de direccións e comprobar que a URL comeza por "https://" o "shttp://". Tamén apunta a empregar unha tarxeta de crédito para comprar en liña; coidado cos correos electrónico sospeitosos; evitar as ofertas "demasiado boas para ser verdade"; usar contrasinais seguras; ou evitar as Wi-FI pública.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.