Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 08/12/2023 | Actualizada ás 19:03
A vicepresidenta segunda da Xunta e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, fixo un chamamento este venres a gozar de "un Nadal sustentable", a través dun consumo responsable e da reciclaxe de residuos, tanto nos fogares como noutros lugares de celebración destas festas.
Durante unha visita ás 'Aldeas de Nadal' instaladas en Lalín, na que estivo acompañada do alcalde, José Crespo, a vicepresidenta insistiu na necesidade de acometer "prácticas respectuosas" como a reutilización de antigos adornos. En caso de obxectos que non teñan un segundo uso, Vázquez suxeriu unha correcta reciclaxe dos mesmos. Así, valorou que xestos "sinxelos" como separar os residuos e depositalos no colector correspondente son clave para avanzar cara a un futuro sustentable.
Nesta liña, a titular de Medio Ambiente reivindicou as iniciativas conxuntas desplesgadas pola Xunta e Ecoembes en máis de 1.400 eventos en Galicia desde 2018. De feito, ao longo deste ano, 120 celebracións contaron con papeleiras amarelas e azuis para facilitar a correcta separación de refugallos.
CONSUMO DE PEIXES E MARISCOS
Tamén este venres, durante unha visita ao mercadillo de Nadal de Ribadeo, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, defendeu a importancia de consumir peixes, mariscos e conservas durante as festas. Ademais, Villares aproveitou para volver reclamar ao Goberno central unha inmediata rebaixa do IVE destes alimentos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.