@pradorua: "Paréceme unha barbaridade que alguén diga 'non me gustan os nenos'"

María (@pradorua) é a nosa última invitada nesta primeira temporada de Laretando!

Por Patricia Otero | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2023 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Acabamos xa a primeira temporada de Laretando na que estivemos falando con creadores de contido sobre diferentes, e moi interesantes, temáticas. Peeero, non queriamos despedir esta serie sen falar con unha das referentes da creación de contido en galego. Ela é María, @pradorua en redes, e, aínda que se deu a coñecer en YouTube, agora destaca polos seus vídeos en TikTok.

Décimo terceiro episodio de Laretando con @pradorua
Décimo terceiro episodio de Laretando con @pradorua

No seu episodio falamos de temas como a nenofobia e o emprego de tecnoloxía por parte dos cativos, dos choques culturais con Arxentina e de todo o que agocha María no seu móbil. Xa dispoñible en YouTube, Spotify e Podgalego!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta