Allariz presume dos seus 'Roteiros temáticos'

A actividade que se realizou baixo ese título, e que serve para poñer en valor a historia de Allariz dende diferentes temáticas, foi un rotundo éxito. Tras facer balance, contabilizáronse máis de 330 persoas que participaron nas 10 datas que houbo este 2023.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 26/12/2023 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A actividade dos Roteiros Temáticos está deseñada para percorrer diferentes puntos e temáticas da historia de Allariz, desde a súa orixe ata a actualidade. A través desta inciativa, a xente que participou este 2023 puido coñecer os segredos e as lendas alaricanas,  curiosidades como as da rodaxe da Lingua das Bolboretas, tempos de guerra, historias de mulleres, o Castelo e moito máis.

Museo do Coiro en Allariz e río Arnoia. Foto: XMF
Museo do Coiro en Allariz e río Arnoia. Foto: XMF

Os Roteiros Temáticos dividíronse en 7 temáticas, levándose a cabo en 10 datas os terceiros sábados de cada mes. A primeira foi sábado 18 de marzo e a última o pasado 16 de decembro. Para participar nesta actividade de balde que ofrece o concello había que acudir á oficina de información previa inscrición en información@allariz.gal.

BALANCE EXITOSO

Máis de 330 persoas descubriron fermosos recunchos, interesantes curiosidades e anécdotas dende o punto de vista dun tema en particular. Estes roteiros foron unha iniciativa do Concello de Allariz, a través da área de Turismo, para achegar o patrimonio material e inmaterial da vila á veciñanza e aos visitantes e turistas.

A empresa local, Xeitura patrimonio Scooperativa, foi a encargada de executar cada sábado esta actividade, unha iniciativa que tivo unha gran acollida, completando sempre a súa capacidade.

María López, concelleira de Turismo, considera que “é primordial coñecer o noso patrimonio para coidalo e divulgalo e niso debemos traballar as administracións, achegando á cidadanía este coñecemento para desfrute de todas as persoas, sobre todo das xeracións máis novas”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta