Carta de Critias a Terámenes (VII). Sobre os recursos humanos

Son admirables e dignas de exposición, estimado Terámenes, as astutas artimañas dos oligarcas destas terras na súa gozosa labor de saqueo da riqueza. O seu ultimísima e enxeñosa ocorrencia está en convencer aos seus pobres seguidores de que non tendo nada van ser felices. Non te rías cando leas estas letras! Eu tamén sorría ata que asistín a varios actos dos xefes das diferentes faccións, e neles explicáronlles aos seus recursos humanos e cargos sorteados “no teras nada e serás feliz” e as xenuflexións e xúbilos foron inmediatas.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 27/12/2023

Comparte esta noticia
A  viveza dos oligarcas creou unha lexión de vaidosos que cren o que lles convén, o que   lles conveñen aos oligarcas.  Esqueceron estas xentes a lei de bronce da oligarquía, aquela de que os recursos humanos  só deben ter o suficiente para ter prole. Estas xentes deixaron de lado a realidade das súas nada afastadas orixes. Na súa recente etapa de servidume os oligarcas recibían prestacións en traballo, unha parte fixa en beneficios, e o restante era para os servos, subsistisen ou perecesen. Iso provocaba revoltas e desordenes dos recursos humanos sometidos ao réxime de servidume. No  presente os oligarcas teñen outro método para   determinar os salarios dos seus recursos humanos  
Como ben nos ensinaron na Academia os salarios dos traballadores está en relación ao valor dos bens de consumo mínimos necesarios para que o traballador viva e poida ter fillos. O pago a maiores é perda de beneficio dos oligarcas. A suma dos custos en alimentación, habitación, vestimenta,  leña ou carbón para quentarse,  aceite para iluminarse  de noite,  e todos os bens necesarios para a súa supervivencia  conforman o salario necesario para o traballador e para que lle permita ter unha familia e fillos que á súa vez serán os  traballadores seguintes. 
Se é un traballador cualificado, engadiríase o custo da súa pasada  formación académica e o custo futuro da educación dos futuros traballadores cualificados, como enxeñeiros, químicos,  letrados, mestres de obras, cirurxiáns, estrategos, navegantes   e todos os demais. Así os custos dos traballadores cualificados en formación e educación deben ser  máis altos, xa que  a creación de novos traballadores cualificados tamén é máis alta. A maior custo na reprodución dos recursos humanos maior custo no seu mantemento e reprodución. 
Se os salarios media día fosen inferiores ao custo necesario para vivir o traballador, este ou ben morrería  de fame, ou entraría no mundo do lumpen, delincuencia e baixos fondos. Unido ao anterior está claro que a produtividade dos traballadores cualificados xera máis valor que os non cualificados, co cal é posible pagarlle salarios máis altos, sen reducir o beneficio do oligarca.  Ese salario  mínimo no recurso humano é o necesario para que  traballen, reprodúzanse  os diferentes grupos de traballadores, e o que sexa a maiores é gasto innecesario para os oligarcas e sempre unha redución do seu beneficio.  
Xunto ao anterior básico,  tamén determina o salario a presión que realicen os traballadores, cualificados ou non, aos oligarcas; o número de recursos humanos   desocupados que poidan substituír en calquera momento aos traballadores que son respondones ou pouco submisos, así como a produtividade e o progreso técnico. Toda iso parecerache obvio e o é, amigo Terámenes, pero vou explicar o porqué do anterior. 
Os oligarcas pagan aos traballadores o xusto e necesario, o mínimo, e nin unha moeda máis de prata. Os  oligarcas das  republicas veciñas non teñen traballadores tan módicos.  Nesta republica  os traballadores, cualificados ou non, gañan menos que os traballadores das republicas veciñas en termos reais.  A igual produtividade menor salario; atendendo ao custo da vida, menor salario; atendendo á educación e cualificación técnica, menor salario. Sendo un país agrícola, gandeiro e pesqueiro,  os produtos deses  sectores son iguais ou máis caros que nos países que non teñen eses sectores.  As manufacturas teñen o mesmo prezo que nas republicas veciñas, así como a vivenda, produtos e necesidades en relación aos salarios. 
A maiores,  a metade dos cidadáns produtivos  son pequenos comerciantes, tendervos,  pequenos artesáns con poucos axudantes e aprendices ou operarios,  os cales tamén, como non podía ser doutra forma, tamén gañan menos. Os oligarcas desta republica son a envexa  dos oligarcas veciños! 
A sinceridade  dos oligarcas  en informar os seus traballadores de que van ser máis pobres, pero que estiveren tranquilos porque a pobreza traeralles felicidade, non pode deixar de sorprender e é digna de admiración polo seu exquisito éxito.  Os amigos oligarcas razoáronme o método da súa dominación.  A súa explicación totalmente racional,  é  polo simple,  moi  sorprendente, e froito do seu gran enxeño e sutileza. Implementan agudos  métodos.  
 

A Viñeta de Lopez - Sancións oligarcas rusos
A Viñeta de Lopez - Sancións oligarcas rusos
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA