Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 28/12/2023 | Actualizada ás 16:14
O municipio pontevedrés da Illa de Arousa volveu a ter luz tras máis de seis horas sen subministración debida a un incendio producido no cableado situado no interior da ponte.
Así, minutos despois das 17,00 horas liquidaron o incidente que se iniciou sobre as 10,30 horas deste xoves, tal e como declarou o alcalde do municipio, Luís Arousa, consultado por Europa Press. En principio, pode ser "un defecto" nun dos cables que prendeu lume e provocou que as dúas fases "deixasen de funcionar". "Unha situación complicada de que pase, case imposible, pero pasou", lamentou o alcalde.
O incidente, que tamén afectou ás comunicacións telefónicas, quedou liquidado e, segundo explicou Luís Arousa, ata o lugar desprazouse a Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.