Aumenta a fenda de prezo do leite galego: Galicia é a única comunidade da Península co litro a menos de 50 céntimos

Os produtores galegos lácteos recibiron de media 49,2 céntimos en novembro por cada litro, o que supón 0,1 céntimos máis que o mes anterior (eran 49,1 céntimos). Este lixeiro repunte é inferior aos 0,5 céntimos de alza que se produce na media española, que ascende a 52,2 céntimos, tres céntimos por encima de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2024 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

Os produtores galegos lácteos recibiron de media 49,2 céntimos en novembro por cada litro, o que supón 0,1 céntimos máis que o mes anterior (eran 49,1 céntimos). Este lixeiro repunte é inferior aos 0,5 céntimos de alza que se produce na media española, que ascende a 52,2 céntimos, tres céntimos por encima de Galicia.

Deste xeito, os produtores galegos continúan á cola do país en prezos, xa que son os únicos na España peninsular que reciben menos de 50 céntimos por litro de leite. O prezo en Galicia é cinco céntimos menos que os 54,2 céntimos por litro que se pagan na veciña Asturias.

Mentres, os produtores con entregas lácteas na comunidade galega continúan á baixa, son 5.695 en novembro, 35 menos que o mes anterior. A produción reduciuse a 237.689 toneladas de leite no undécimo mes, isto supón case 8.000 toneladas menos que en outubro. No acumulado do ano, Galicia produce o 41 % do país.

Vacas
Vacas | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta