Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2024 | Actualizada ás 13:49
Os sindicatos CIG, STEG e CSIF arrincaron unha recollida de firmas contra o acordo asinado o pasado mes de outubro entre a Xunta e outras tres organizacións (CCOO, ANPE e UGT), para a redución progresiva de cocientes e horarios na educación galega a partir do curso 2024/25, entre outras medidas.
CIG, STEG e CSIF (aínda que só o primeiro dos tres forma parte da mesa sectorial docente non universitaria) xa emprenderan varias accións de protesta contra este acordo, entre elas dúas folgas xerais na educación pública en outubro e novembro e manifestacións. Agora, ás portas das eleccións galegas do 18 de febreiro, iniciaron unha campaña de recollida de firmas.
O obxectivo é "pór de novo o foco no profesorado, dándolle a palabra e a oportunidade de alzar a voz fronte á negativa do Goberno galego a asumir o rexeitamento maioritario" a este texto que mesmo contou coa firma do presidente autonómico, Alfonso Rueda. Ademais, a CIG-Ensino (principal sindicato do ensino público galego) denuncia que a Xunta busca "ocultar" o acordo, dado que "non se publicou" aínda no Diario Oficial de Galicia. Isto, asegura a central nacionalista, demostra o "desprezo absoluto" do Goberno galego polo seu departamento educativo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.