18F.- Armando Ojea renuncia para ser candidato do partido de Jácome a presidir a Xunta

Deixa de ser deputado provincial de Democracia Ourensá.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 08/01/2024 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

Democracia Ourensá (D.Ou.), o partido que lidera o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, dá un paso máis para concorrer aos comicios galegos do 18 de febreiro e informou de que Armando Ojea renunciou este luns á súa acta de deputado provincial para poder ser elegible como candidato. Nun comunicado, o partido lembra que a lei galega non permite ser candidato elixible, entre outros, a alcaldes ou deputados provinciais.

"Estamos tan convencidos de que Armando será deputado galego que damos o paso sen dubidalo. De feito, en Democracia Ourensá damos por feito que obteremos máis dun representante nas eleccións", traslada Democracia Ourensá.

MANTERÁ A ACTA DE EDIL

No comunicado, ratifícase que Ojea seguirá sendo tenente alcalde do Concello de Ourense, xa que mantén a súa acta de concelleira. Na Deputación, será substituído polo concelleiro de D.Ou. Antonio Fernández Martín, que será deputado, mentres que Rafael Martínez Cachafeiro pasará a ser o portavoz do grupo provincial do partido na Deputación.

Armando Ojea, tenente de alcalde de Ourense será candidato de DO ás autonómicas. DEMOCRACIA OURENSÁ
Armando Ojea, tenente de alcalde de Ourense será candidato de DO ás autonómicas. DEMOCRACIA OURENSÁ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

Seica os últimos van ser os primeiros (en cesar nos cargos) ? Nin Besteiro nin a alcaldesa de Lugo de momento cesaron nos cargos ? Haberá que agardar a ver se o fan ou o deixan para mellor ocasión...? En Vigo temos Instalado o Nepotismo dende hai moitos anos... Alcaldía contrata a Dúas sobriñas de Carmela Silva Ente ambos contratos pagamos 85.000 euros cada ano dos 4 da lexislatura. En concreto, Directora do Gabinete da Alcaldía Nerea Pardo Silva cobrará 50.789 euros e a Secretaria Particular Lorena Pardo Silva cobrará 34.969 euros. Ambas son fillas do Tenente Alcalde Javier Pardo e sobriñas da Marquesa de Toralla. O digo porque todos falan de Jácome, en cambio do PSOE de Pontevedra ninguén abre a boca ?

1 soriana

Non sabemos nada do subdirector de Agade e dos cartos que faltaron. Para libre designación e sen selo con soldos inmensos temos exemplos a patadas na Xunta.

2 Gamela

Non sei de que falas (Agade ?)