Abre este mércores o prazo para solicitar axudas para protexer aos rabaños de ataques de lobos

O importe máximo é de 18.000 euros por beneficiario.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2024 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

Os gandeiros galegos poderán solicitar desde este mércores, día 10 de xaneiro, axudas para distintas actuacións coas que protexer aos seus rabaños de danos causados por ataques de lobos.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes dúas convocatorias de axudas que suman un orzamento de máis de 900.000 euros, unha delas centrada na contratación de persoas coidadoras do gando extensivo e outra para a adquisición e instalación de valos fixos.

Precisamente a directora de Patrimonio Natural, Belén do Campo, visitou este martes unha explotación de gando en Chantada, onde destacou que este tipo de medidas de prevención son "fundamentais" para compatibilizar a gandaría coa presenza e conservación do lobo na Comunidade.

Nun comunicado, a Xunta explicou que estas axudas para persoas coidadoras están dirixidas a explotacións de gando bovino, ovino, caprino e equino incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia e contan cun orzamento de algo máis de 400.000 euros. A contía pode alcanzar o 100% dos gastos subvencionables, cun importe máximo de 18.000 euros por beneficiario.

En cando ás axudas para valados, o orzamento é de 500.000 euros e neste caso os posibles beneficiarios son titulares de explotacións bovinas, ovinas, caprinas, porcinas e raza Celta e equinas cun importe máximo de 5.500 euros por valado en función da súa tipoloxía.

Imaxe dunha explotación gandeira.. XUNTA
Imaxe dunha explotación gandeira.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta