Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2024 | Actualizada ás 13:01
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres a regulación dos permisos que terán as persoas traballadoras por conta allea nas eleccións convocadas para o próximo 18 de febreiro para poder exercer o seu dereito ao voto.
En concreto, a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade sostén que os empregados cun horario de traballo que coincida en dous ou máis horas, e menos de catro, co período de apertura das mesas electorais gozarán dun permiso retribuído de dúas horas.
Así mesmo, aqueles que coincida en catro ou máis horas, e menos de seis, disporán de tres horas. Este permiso ampliarase a catro cando a coincidencia sexa de seis ou máis horas. Os traballadores por conta allea aos que non lle coincida o horario de traballo co de apertura de mesas electorais ou o faga nun período inferior a dúas horas, non terán dereito a permiso retribuído.
INTEGRANTES DE LAS MESAS ELECTORAIS
Os traballadores por conta allea nomeados para as mesas electorais e os que acrediten a súa condición de interventores disporán, durante o día da votación, dun permiso retribuído de xornada completa, se non gozan en tal data de descanso semanal, e terán dereito, en todo caso, a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior.
Do mesmo xeito, se estas persoas teñen que traballar na quenda de noite na data inmediatamente anterior ao día da votación, a empresa cambiaralle a quenda para que poida descansar esa noite. En canto aos apoderados, os empregados que acrediten esta condición teñen dereito a un permiso retribuído durante o día da votación, se non gozan en tal data do descanso semanal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.