Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2024 | Actualizada ás 11:30
O Produto Interior Bruto (PIB) galego crecerá un 1,7% en 2024, segundo as previsións de BBVA Research, o que supón dúas décimas máis que a media nacional, xa que o total de España esta subida será do 1,5%.
Así, o servizo de estudos de BBVA revisou á baixa a previsión de crecemento do PIB de España en 2024 polo empeoramento da actividade na eurozona. Con todo, ten mellores previsións para 2025, cun aumento do 2,5%, en parte, pola mellora da demanda interna, do turismo e da demanda europea.
Para Galicia, espérase que en 2023 o PIB creza un 2,1%, tres décimas menos que o 2,4% estatal. En 2024 o dato será superior ao da media das comunidades autónomas, cun 1,7% máis. No entanto, en 2025 BBVA Research prevé un incremento do PIB galego do 2,4%, algo por baixo de 2,5% do total de España. En canto ao emprego, o banco espera que o crecemento anual en España sexa do 3% en 2023, cun 2,1% en Galicia.
DATOS ESTATAIS
En termos xerais, BBVA Research mantén en liñas xerais as estimacións de crecemento para 2023, situando no 2,4% o aumento do PIB para o conxunto de España e do 1,5% e do 2,5% para 2024 e 2025.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.