Unha exposición en San Martiño Pinario conmemorará os 55 anos de liturxia en lingua galega

Acollerá ata finais de febreiro a mostra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2024 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

O mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago de Composptela, acollerá ata finais de febreiro a mostra '55 anos da liturxia en galego (1969-2024)', promovida pola Editorial SEPT e producida por Merlín Comunicación, con apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade, e o Arcebispado de Santiago.

Na inauguración, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, sinalou que a mostra recolle unha parte da "historia lingüística" de Galicia á que non se adoita prestar atención, a pesar de que ten "claras repercusións na actualidade".

"Se queremos que o galego se use en todos os ámbitos da vida, hai que ser conscientes dos avances e dos retos que se lle presentan tamén espazos como a liturxia ou, en xeral, a relixión, coa que mesmo as persoas non crentes teñen contacto en enterros, festas patronais, etc.", sinalou o secretario xeral

A exposición, que pode visitarse ata o 29 de febreiro, está composta por seis paneis e recolle o percorrido realizado pola lingua galega en liturxia ao longo de 55 anos, desde a aprobación, en 1963, do uso das linguas vernáculas na liturxia, aprobado polo Concilio Vaticano II, ata a aprobación, en 1968, do galego como lingua litúrxica nas dioceses de Galicia.

A noticia de que se usaría o galego na liturxia deuse a coñecer o 7 de xaneiro de 1969, con gran repercusión social. Así mesmo, faise referencia ás primeiras traducións ao galego de textos como o Misal Romano ou a Biblia, que a Xunta volve editar a día de hoxe en colaboración con SEPT.

Mosteiro de San Martiño Pinario
Mosteiro de San Martiño Pinario

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta