Galicia rexistra os peores datos de crecemento vexetativo desde que hai datos, hai 50 anos

Rexistra un saldo vexetativo negativo de case 10.000 persoas no primeiro semestre de 2023.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2024 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 6.745 nacimimentos e 16.634 mortes no primeiro semestre de 2023, o que arroxa un saldo vexetativo negativo de 9.889 persoas, segundo o avance de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) publicado este venres.

En concreto, os nacementos do primeiros seis meses do ano anótanse un retroceso do 2% en comparación co mesmo período de 2022. As defuncións redúcense un 5% no mesmo período. Por outra banda, o IGE publicou os datos definitivos de 2022, nos que se constata un saldo vexetativo negativo de 20.501 persoas, a peor cifra en case 50 anos, desde que hai rexistros (1975). Hai máis de 30 anos que Galicia non conta cun saldo positivo.

Os nacementos continúan o descenso iniciado en 2009 e quedaron en 14.495 en 2022, o que supón 292 menos que un ano antes. Mentres, houbo 34.996 mortes en 2022, 2.143 máis que en 2021.

A vellez comeza a ser habitual nas zonas rurais, onde vive a xente maior e marcha a máis nova
A vellez comeza a ser habitual nas zonas rurais, onde vive a xente maior e marcha a máis nova | Fonte: Matteo Bertolino

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta