18F.- Besteiro ironiza sobre o programa electoral do PP: "Van facer en 4 anos o que non fixeron en 15"

Os socialista ven en "remontada" clara e observa que o PP "non quere" e o BNG "quere pero non pode"

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/01/2024 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, criticou que o popular Alfonso Rueda "sae caro" aos galegos e avisou de que está "preso de Ayuso e Feijóo".

Así, nun acto cunhas 300 persoas --segundo informou o PSdeG-- no que estivo acompañado da portavoz do PSOE, Esther Pena, a cabeza de lista por Pontevedra, Elena Espinosa, e a alcaldesa, Digna Rivas; Besteiro lamentou que Galicia "perde moito diñeiro e oportunidades económicas" polo "pouco peso político" do candidato do PP.

Nesta liña, e despois de ser arroupado este sábado en Lugo polo presidente do Goberno e secretario xeral socialista, Pedro Sánchez; Besteiro dixo que "a falta de liderado de Rueda" fai que Galicia "page as consecuencias do PP que manda, de Ayuso, aliada co PP de Portugal para rexeitar o AVE a Galicia e priorizar a conexión Lisboa-Madrid, ante a impasibilidade do candidato do PP galego". "Non queremos a un Rueda calado, recibindo ordes de Madrid contra os intereses de Galicia", salientou.

Fronte a iso, Besteiro comprometeuse a "priorizar o AVE Vigo-O Porto- Lisboa", que resulta "esencial para a economía" galega e para o que conta co apoio dos socialistas de Portugal. Por iso, o dirixente socialista avanzou que vai pedir "un pronunciamento expreso" de Rueda e do PP para modificar os regulamentos europeos e incorporar á liña da Rede Transnacional Europea en abril, permitindo introducir pasaxeiros e mercadorías.

Durante a súa intervención, tamén reivindicou a xestión do Goberno para "situar a AP-9 no camiño da gratuidade" e defendeu que a decisión da gratuidade "tomarase a través dun goberno durante catro anos con Pedro Sánchez á fronte, lle a pesar de quen lle pese".

Tras 15 anos de gobernos do PP de Rueda e Feijóo "botándolle a culpa a todo o mundo", é o "momento" de que Galicia "lle diga non ao PP e si a unha Galicia mellor representada e liderada polo mellor equipo e candidaturas, con experiencia e ambición por cambiar o país".

Pola súa banda, a cabeza de lista por Pontevedra, Elena Espinosa, apuntou que o candidato socialista é "a persoa na que todos teñen que depositar a confianza" para "facer que o país cambie definitivamente para unir aos concellos co goberno, sen discriminar a ninguén, como fai a Xunta dirixida polo PP".

ENQUISAS

Noutra orde de cousas, a cabeza de lista do PSdeG pola Coruña, Patricia Iglesias, pronunciouse este domingo sobre as enquisas para asegurar que se "constata a remontada sen reservas" dos socialistas e sinalou que "cantos máis galegos coñecen a Besteiro, mellores son a súa valoración e liderado", que cualifica de "audaz, valente e seguro".

Así, engadiu que "as cualidades do candidato socialista son o trampolín que vai levar aos socialistas á Presidencia da Xunta" e que demostran que "é o único partido capaz de liderar o cambio seguro en Galicia". Así, concluíu que "o PP non quere, o BNG quere pero non pode e o PSdeG quere e pode".

O candidato do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, á Presidencia da Xunta en 2024. PSDEG
O candidato do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, á Presidencia da Xunta en 2024. PSDEG | Fonte: Europa Press

PROGRAMA DO PP

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, ironizou co programa do PPdeG, que presentaron o sábado en Lugo, e sinalou que "van facer" en catro anos "o que non fixeron en 15".

Ademais, ironizou con que o candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, vai "á roda" dos socialistas galegos e lembrou que hai 10 días Feijóo votou no Congreso "en contra" dunha "pensión digna" para os 800.000 pensionistas galegos dentro da súa "posición de confrontación sistemática" do goberno de Pedro Sánchez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta