De novo o trasvase de votos

Todo seguirá igual nesta terra. Confírmase que os galegos somos conservadores por natureza. Cinco maiorías absolutas son moitas. Polo que dende a chegada da democracia, neste Ourense, sempre mandaron os de sempre.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 23/02/2024

Comparte esta noticia
Na Deputación levan toda a vida e, salvando uns catro anos, nas demais institucións tamén.  O PP  saíu reforzado dunhas eleccións convocadas no tempo do Entroido. A mobilización que se supoñía lle daría máis votos á esquerda,  resultou ser un acicate  que moveu á dereita e reforzpu a súa pesenza,  pois o número de votos dos conservadores aumentou. O BNG mellorou moito os seus resultados, mais fíxoo, como xa aconteceu noutros procesos, a costa do PSOE.  Polo que o trasvase  sempre acontece no chamdo voto da esquerda. Mentres o PP non cede ningúnha papeleta. Mellor, perdendo dous escanos,  aumenta o seu peso en votos  nesta terra galaica.  Se a caso,  no único lugar onde perde algo, pero acada os mesmos representantes,  é en  Ourense. Pois nesta provincia o grupo de Jácome ten  representación.
 
Atrás quedan os problemas sanitarios, as listas de espera, o voto  dos populares contra a devolución da Autovia de peaxe que vai de norte a sur nesta terra, os graves problemas que ten o sector primario e o rural galego, e un sin fin de asuntos máis que non procede mentar.
Os galegos somos xente de paz, tranquila e moi comedida pra  dar pasos  cara ter unha mellor consideración social  e reforzar o noso nivel de vida. Témoslle medo ó futuro. Somos, polo tanto, moi fieis co chamado conservadurismo que soamente oferta un continuismo raquítico e miserento.
 
Hai uns días, nun acto político,  un candidato dicía que a Galicia faltáballe na súa estructuración política unha forza que fora  quen de quitarlle votos ó PP. E poida que teña moita razón. Pois os populares semella que non teñen límite electoral nesta terra. Pois non hai quen lles entre no saco pra restarlle apoios. Certo é que a campaña moderada da señora Pontón, esquecendo soberanías e póndose a falar do que é a realidade social do país, amosou un BNG máis amabel. Un Bloque que está máis perto dos problemas dos cidadáns. Con todo dudo que eso sexa o suficiente pra manter e crear unha ilusión que os leve cara un trunfo electoral e a gobernar en san Caetano.
 
O trasvase de votos ven acontecendo en Galicia  con certa frecuencia. Pois cando o PSOE baixa sube o BNG, e cando veñen as eleccións do Estado  o voto toma outra dirección. Ben sei que entrarlle no saco ó PP semella hoxe unha tarefa moi complicada.  E que o BNG, pola súa configuración interna e ideolóxica,  é dificil  que sexa capaz de situarse nunha liña reivindicativa que non lle meta medo e  arrede  do voto a moitos galegos. Tamén semella  moi complicado  argallar unha forza política como foi Coalición Galega pra que lle dispute o voto ós populares. Galicia, cos resultados deste 18 F,  amosou que é fondamente conservadora e que non se fía das ofertas que lle fai a esquerda. Polo que o acontecido nestas eleccións debera ser  motivo dunha fonda reflexión. Debera ser  o acicate  pra que moitos pensen no pais real e deixen de soñar cun pais imaxinario que é o que ven acontecendo hai moitos anos.
 
Ou sexa:  baixar a realidade e poñerse á altura dela e traballar por mellorala chanzo a chanzo. Pois pode que en futuras convocatorias electorais volva a acontecer o trasvase de votos sin entrarlle no saco dos votos ós populares.  O camiño que marcou Ana Pontón pode ser a liña  a seguir, mais aínda hai moito que pulir e moderar  pra engaiolar á maioría social dos galegos.

Isabel Faraldo, Ana Pontón, Alfonso Rueda, José Ramón Besteiro e Marta Lois no debate electoral
Isabel Faraldo, Ana Pontón, Alfonso Rueda, José Ramón Besteiro e Marta Lois no debate electoral | Fonte: Álvaro Ballestero
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com