Sabes cales son os destinos de viaxes máis demandados polos galegos para Semana Santa?

Juan Antonio Rivadulla, presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes (Agavi), afonda sobre esta cuestión.

Por Amanda Fernández | Compostela | 02/03/2024 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Parece lonxe pero a Semana Santa está á volta da esquina e serán moitos os galegos e galegas que decidan aproveitar para facer unha viaxe ou escapada. Que destinos elixen? Xa teñen todo pechado cun mes de antelación? Saen fóra de España? E os que veñen a Galicia, que escollen? Juan Antonio Rivadulla, presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes (Agavi) responde a todas estas cuestións. 

Viaxeiros cruzan os tornos da estación de Sants.
Viaxeiros cruzan os tornos da estación de Sants. | Fonte: Lorena Sopêna

"Sempre se vende para Semana Santa, os destinos que ofrecen mellor clima ca o que temos aquí, sol principalmente, Canarias, sur de España, son demandados. Porén, tamén se vende neve para a xente que lle gusta esquiar ou os deportes de inverno, pese á ausencia ata agora", comenta. De igual modo destaca que tamén hai moito movemento cos voos especiais que poñen os turoperadores específicamente os días de Semana Santa, é dicir, "de mércores 27 a domingo 31". "Soen ser voos directos para tan poucos días e hai a Estambul, Sicilia, a Letonia, Praga, por exemplo", menciona e destaca que se venden destinos para estas datas con saída desde Oporto, "o cuarto aeroporto que usan os galegos con máis frecuencia". 

HAI XENTE QUE XA PENSA NO VERÁN

Unha vez finaliza esta semana de índole relixiosa no calendario, xa se pensa no verán, pero resérvase con moita antelación? "Levamos o mes de xaneiro e o que vai de febreiro con bastante traballo en canto a petición de presuposto de cara ao verán, con antelación, outra cousa é como se materializa ese presuposto, que pode tardar máis ou menos", destaca e recoñece que xa se cerrou algunha venta.

Indica que hai xente de todas as idades, pero di que observan desde o "mal trago da pandemia", un incremento de público nas axencias de viaxe. A que se debe? "Valorouse a valórase máis o noso traballo e as garantías que che dá como cliente ir a unha axencia para contratar a túa viaxe", expón e engade que moitos clientes descoñecen que por mercar as vacacións nunha axencia están amparados pola Directiva de Viaxes Combinados. "Este é o paraugas baixo o que actuamos as axencias de viaxes e como cliente estás amparado ante calquera problema que poidas ter na estadía". 

Juan Antonio Rivadulla, presidente de Agavi
Juan Antonio Rivadulla, presidente de Agavi | Fonte: Cedida

E QUE BUSCAN OS DE FÓRA EN GALICIA? 

En Agavi hai axencias que se dedican a vender vacacións para que os galegos vaian fóra, pero tamén hai moitas axencias que traballan Galicia, coa venta a clientes ou axencias de viaxes que veñen de fóra porque son turoperadores de Galicia. "Da xente de fóra que vén a Galicia por Semana Santa, moita aproveita para facer un tramo do Camiño de Santiago, un producto que funciona sempre, durante todo o ano. De igual modo, visitar lugares emblemáticos por tradición e fervor relixioso durante esta semana como Ferrol ou Viveiro. " 

Tamén hai usuarios que veñen en busca doutro tipo de turismo, segundo nos conta, como experiencias gastronómicas, de paisaxe ou clima distinto, que se presta. "Estase movendo tamén o turismo rural con zonas moi demandadas e outras que deberían estar máis porque son espectaculares para ver, como o sur da provincia de Ourense como o norte da provincia de Lugo", afirma. 

Outro producto estrela que sempre triunfa son os cruceiros que nos asegura que teñen demanda forte, sobre todo os do Mediterráneo, con datas xa completas ou case. "Experimentaron un rexurdir logo da pandemia i é un producto que se vende con bastante antelación tanto en parellas, para unha lúa de mel por exemplo, como en familias", conclúe. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta