Interior Galego Vivo ve unha "falta de respecto" esperar a 2025 para arranxar a N-540

Critica que o PP tentase "monopolizar" e "usurpar" as mobilizacións veciñais sobre a N-540 e asegura que faría ben en "dar exemplo" arranxando as numerosas vías locais que están tamén nun estado completamente intransitable.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2024 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

Interior Galego Vivo tachou de "escandaloso" e dunha "falta de respecto" cara ao interior galego que non se vaia a finalizar o arranxo da N-540 ata o verán de 2025.

Nun comunicado remitido aos medios, a entidade asegura que, por unha banda, a cantidade orzada é completamente insuficiente para dotar á N-540 dun firme á altura da via e que non de graves problemas todos os anos.

Por outra banda, considera "surrealista" que non se licitasen as actuacións con carácter de urxencia e que, no mellor dos casos, non empece o investimento e as obras ata o 2025.

Así as cousas, Interior Galego Vivo sostén que "o que é totalmente esperpéntico" é que a Deputación de Lugo saque peito de que se arranxará no verán de 2025.

Ante iso, lémbralle á institución provincial que ten a obrigación de facer un correcto mantemento das estradas da súa totalidade, xa que a comarca de Chantada é a zona cero das fochancas da provincia, con estradas "totalmente desfeitas" e "cheas de buracos".

Ademais, critica que o PP tentase "monopolizar" e "usurpar" as mobilizacións veciñais sobre a N-540 e asegura que faría ben en "dar exemplo" arranxando as numerosas vías locais que se atopan tamén nun estado completamente intransitable.

Fochancas na N-540 que une Lugo con Ourense
Fochancas na N-540 que une Lugo con Ourense | Fonte: Diario de Transporte - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta