Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2024 | Actualizada ás 17:58
Unha persoa faleceu e outras cinco resultaron feridas tras unha colisión entre tres turismos na N-634, ao seu paso polo municipio coruñés de Curtis. Segundo informou o 112, minutos despois das 15,00 horas recibiron a chamada dun particular que alertou dun choque entre varios vehículos, cun deles envorcado.
A central de emerxencias deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado, aos Bombeiros de Betanzos, ao GES de Curtis, á Garda Civil e a Protección Civil.
Os efectivos de emerxencias, unha vez no punto, confirmaron que unha das persoas feridas e a que faleceu estaban atrapadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.