Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2024 | Actualizada ás 13:44
Santiago de Compostela homenaxeou un ano máis a figura de Ramón María Valle-Inclán coa imposición, á estatua na súa honra situada no Paseo dos Leóns da Alameda, da bufanda vermella. Este acto simbólico, realizado pola Fundación Eugenio Granell desde 2007, tivo lugar no mediodía deste xoves e a peza colocoulla o seu neto, Xaquín do Valle-Inclán.
Esta acción quere establecer unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca á estatua do autor galego, situada no paseo de Recoletos, en Madrid, o día do teatro. Con todo, neste caso o que conmemora é o regreso real e simbólico de Valle-Inclán a Compostela e a Galicia, a súa terra de orixe. Na Alameda compostelá, ata onde se desprazaron membros da corporación local e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, entre outros, os presentes leron diferentes fragmentos da obra do autor.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.