O Concello de Ourense celebra o Día da Muller cun programa de actos baixo a lema 'Todas somos diferentes'

Este venres celebrouse un acto institucional no que se leu o manifesto da Federación Galega de Municipios e Provincias polo 8M.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2024 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu este venres o acto institucional con motivo da celebración do 8M, o Día Internacional da Muller, e que se enmarca nun programa de actividades baixo a lema 'Todas somos diferentes'. A concelleira de Igualdade, Noa Rouco, foi a encargada de dar lectura ao manifesto da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) por esta conmemoración, manifesto ao que se adheriu o concello ourensán.

Na declaración, os concellos galegos reafirman o seu compromiso coa igualdade de xénero en todos os espazos da vida política e social local e comprométense, entre outras medidas, a promover a participación activa das mulleres na vida política e social; a incorporar perspectiva de xénero en todas as políticas e programas; a aplicar medidas para garantir a igualdade salarial e de oportunidade no emprego; e a impulsar campañas de prevención e sensibilización contra a violencia machista.

Ourense conmemora esta data cunha programación de actividades baixo a lema 'Todas somos diferentes', e que xa tivo o seu preámbulo o pasado domingo, cando se desenvolveu a 'Carreira da Muller'. A ela únese a entrega do XVIII Premio Clara Campoamor, así como charlas, unha exposición e actividades para estudantes de diferentes ciclos formativos; teatro, contacontos, un 'escape room' e talleres de sexualidade para asociacións de nais e pais.

Acto de celebración do 8M no Concello de Ourense.
Acto de celebración do 8M no Concello de Ourense. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta