Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2024 | Actualizada ás 11:25
O número de fogares galegos que teñen dificultades ou moitas dificultades para chegar a final de mes sitúase no 54,95% no primeiro trimestre de 2024, segundo datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este martes.
Esta taxa supón un punto menos que a que se rexistraba a peche de 2023 (era do 56%), pero é un punto superior que no mesmo período de 2023 (53,9% por entón). De tal forma, os fogares que chegan con facilidade ou moita facilidade a final de mes son o 45% en Galicia. Mentres, o 9,91% chegan con moita dificultade a final de mes, cifra similiar ao anterior trimestre. A isto súmase un 45,04% con dificultade.
Pola súa banda, o indicador de confianza do consumidor mellora en 6,6 puntos respecto ao anterior trimestre. De feito, é observa un incremento en todos os indicadores parciais de perspectivas de evolución: situación económica de Galicia, desemprego, capacidade de aforro e situación financeira persoal.
MEDIDAS DE AFORRO DOS FOGARES
Pola súa banda, o 18,6% dos fogares non se permitiu ningún extra --gasto en cuestións como viaxes, imprevistos, saír a cear ou ir ao cinema-- nos tres últimos meses. Así mesmo, o 31,3% dos fogares cambiou os seus hábitos de compra con marcas brancas. Ademais, o 19,4% (taxas máis baixa no último ano) reduciu gastos comúns, tales como roupa, transporte, gas e electricidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.